María Antón (PP): “A licenza concedida en tempos de Bugallo en Miramontes foi un erro”

A deputada e concelleira do PP critica ao goberno local por non controlar o tráfico de camións cara o vertedoiro

“Máxima colaboración desde a Xunta, e agardo que tamén desde o concello, coa xustiza”. Deste xeito respondeu a deputada e concelleira do PP en Santiago María Antón preguntada por Nós Televisión sobre a decisión de Fiscalía de abrir dilixencias contra o vertedoiro de Miramontes.

“É un tema que nos preocupa”, sinala, “fixemos varias iniciativas no Pleno municipal de Santiago e pedimos que o concello faga algo máis”. Antón é moi crítica co goberno municipal “no tema dos viais, non controlou aos camións nin o seu contido”. A deputada e edil popular asegura “saber” que unha parte das verteduras procede da Coruña. “Agardo que non lle estea facendo un favor a Xulio Ferreiro”.

María Antón afirma que “agora que Sánchez Bugallo entra” na actualidade municipal a súa formación pedirá explicacións pola licencia concedida cando era alcalde. “Foi un erro”, apuntou a Nós Televisión.

- Publicidade -