Home Programas Espazo Aberto En Marea tilda de “neofraguismo cultural” a xestión do festival ‘O son do camiño’

En Marea tilda de “neofraguismo cultural” a xestión do festival ‘O son do camiño’

0
En Marea tilda de “neofraguismo cultural” a xestión do festival ‘O son do camiño’

A Xunta de Galicia vén de anunciar o ambicioso cartel do festival de música O son do camiño, que se celebrará entre o 28 e o 30 de xuño no compostelán Monte do Gozo. Neste multitudinario evento participarán cantantes e grupos de prestixio internacional coma The Killers, Lenny Kravitz, Franz Ferdinand ou La M.O.D.A, e destinaranse preto de tres millóns de euros. Ánxeles Cuña, deputada de En Marea, lamenta a “opacidade” coa que o Goberno galego licitou este contrato, adxudicado “a dedo”, segundo indicou Cuña.

Un “retorno” aos tempos de Fraga

O voceiro da coalición, Luís Villares, cualificou a xestión de Núñez Feijóo de “neofraguismo cultural”, lembrando a figura do controvertido expresidente da Xunta, quen protagonizou “o peor dunha época política”. Así e todo, Villares considera que o Goberno galego está a empregar unha “marca de prestixio”, O son do camiño, que “non xustifica” o investimento deste festival.

Dende En Marea lamentan que a Xunta destine unha contía tan elevada para un único festival ao tempo que, no ano 2017, financiou con 220.000 tódolos festivais musicais en galego do país. Para o grupo parlamentario de esquerdas, Núñez Feijóo está a executar un “exterminio” da cultura de Galicia.