A coalición de esquerdas leva á localidade lucense de Cervantes a súa alternativa “de país” ante a actual “situación de abandono” do medio rural. O voceiro de En Marea no Parlamento, Luís Villares, incide na necesidade de crear consenso entre tódalas partes implicadas para trazar unha nova política forestal que axude a combater os lumes.
Por outra banda, o deputado Davide Rodríguez calificou o novo plan forestal do goberno galego como un “copia e pega” doutros anteriores. Segundo o exalcalde de Manzaneda, o principal problema radica na distribución dos fondos destinados para esta causa, xa que só o 30% é empregado en medidas de prevención, mentres que o 70% restante copa os labores de extinción.