Home Programas Espazo Aberto Marcos Maceira: “O que levamos 10 anos dicindo en Galiza, repítenllo por terceira vez desde o Consello de Europa”

Marcos Maceira: “O que levamos 10 anos dicindo en Galiza, repítenllo por terceira vez desde o Consello de Europa”

0
Marcos Maceira: “O que levamos 10 anos dicindo en Galiza, repítenllo por terceira vez desde o Consello de Europa”

Por terceira vez, o Consello de Euroa insta á derrogación do decreto contra o galego no ensino dentro do informe que realiza o comité de expertas para avaliar o cumprimento da Carta Europea das linguas rexionais e minorizadas por parte das institucións. Dende A Mesa pola Normalización Lingüística avalían o sinalado polos expertos do Consello de Europa como “unha emenda á totalidade da política lingüística da Xunta” e sitúaa “fóra do marco democrático e de respecto polos dereitos fundamentais”.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, afirma que a mensaxe do Consello de Europa é clara: “o decreto de 2010 foi un ataque contra o galego e contra a Carta europea das linguas”, polo que “o decreto contra o galego debe ser derrogado inmediatamente“. “O que levamos 10 aos dicindo en Galiza”, afirma Maceira, “repítenllo por terceira vez desde o Consello de Europa: Galiza está en emerxencia lingüística e a Xunta ten a responsabilidade de solucionar a situación”. Tal e como se vén advertindo reiteradamente por parte da Mesa, o Consello de Europa recorda que a Xunta ten que corrixir as dificuldades para o uso do galego no SERGAS e, sobre todo, en todas as etapas do ensino.

Que é a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias?

É un tratado internacional promovido polo Consello de Europa para garantir a normalidade das linguas minorizadas que o Estado español ratificou en 2001 no seu grao máximo. Segundo a Carta, o Estado ten que garantir o uso pleno do galego nos territorios onde é oficial ou está protexido polo estatuto en ámbitos como educación, xustiza, administración, relación sociais e económicas, cultura ou relacións transfronteirizas.

Recomendacións do Consello de Europa

As recomendacións máis urxentes do Consello de Europa son: eliminar as limitacións para o ensino en galego en todos os niveis educativos, corrixir a lei, para asegurar o uso do galego nos procedementos xudiciais se algunha das partes o solicita e que a administración do Estado empregue o galego en Galiza.