Home Espazo Aberto Lingua Marcos Maceira: “Naturgy non só nega o dereito a usarmos o galego senón tamén o de traballarmos no noso país”

Marcos Maceira: “Naturgy non só nega o dereito a usarmos o galego senón tamén o de traballarmos no noso país”

0
Marcos Maceira: “Naturgy non só nega o dereito a usarmos o galego senón tamén o de traballarmos no noso país”

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, denuncia o “desprezo” de Naturgy, a antiga Gas Natural Fenosa, e envía o seu apoio ás 400 traballadoras e traballadores afectadas pola rescición de contrato de Naturgy á emprestadora de teleatención Unitonos, que garantía a posibilidade de atención en galego.

Que medidas podemos levar a cabo para reivindicar o dereito ao uso do galego? Como podemos loitar pola consolidación do emprego no país? E como facer para que a explotación do noso territorio revirta na sociedade galega? Nesta entrada do novo vlogue de Maceira, danse algunhas das respostas.