Marcos Maceira: “As palabras de Toni Cantó son unha falsidade manifesta”

A Mesa resposta á pretensión Ciudadanos de eliminar o dereito a utilizar o galego na administración

A Mesa pola Normalización Lingüística pronunciouse hoxe a respecto do debate da Proposición de Lei promovida por Ciudadanos -partido sen representación por Galiza- , através da que se pretendía a modificación do Estatuto básico do empregado público para, segundo manifestaron responsábeis deste partido, prohibir que se exixa o coñecemento das linguas cooficiais ao funcionariado que deba prestar servizos nos territorios con lingua propia.

Marcos Maceira, Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, sinala a Nós Televisión que a Proposición de Lei promovida por Ciudadanos non é de recibo. Para o presidente da Mesa, Marcos Maceira, esta proposta “só pretende restrinxir ou prohibir o exercicio do dereito das e dos cidadáns a se dirixiren na súa lingua á administración e a ser atendidos e entendidos nela, calquera que for o trámite”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego