Marco, o ‘Estudante Galeguista do Ano’

Conversamos co estudante de Xornalismo da USC que recolleu recentemente un galardón de recoñecemento por impulsar en Burela un programa na radio sobre música e lusofonía

Marco Samuel Pereiro Oliveira levou este ano o galardón de ‘Estudante Galeguista do Ano’, convocado pola Assembleia Nacional Galega (ANG), na súa primeira edición. Realiza estudos de xornalismo e é o impulsor do programa Grandes Voces do Nosso Mundo que desde Radio Burela dá a coñecer a música galega e da lusofonía.

Ademais, o propio Marco é moi crítico coa situación actual da nosa lingua nos medios de comunicación. Este estudante de Xove comenta a Nós Televisión que a presenza do galego no seu día a día tamén é cada vez máis reducida. Como anécdota explica que só o 25% do estudantado do seu entorno emprega a nosa lingua. “Hai que dicir que si a empregan, polo menos na miña facultade, o profesorado”.

O galardón

Este galardón creado pola ANG promove potenciar entre a mocidade o uso da língua galega, a excelencia académica e o compromiso e activismo en defensa da cultura e da sociedade galega.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego