Os orzamentos participativos comezan ver os seus froitos. O Concello licitou, nas últimas datas, tres proxectos de mellora da accesibilidade dependentes da concellaría de Medio Rural, para as que se destina unha contía superior ós 300.000 euros. A intervención máis ambiciosa producirase no CEIP Lamas de Abade, onde a mediados de ano se investirán 125.000 euros a mellorar ós accesos ás instalacións, unha “demanda unánime” da cidadanía. Asemade, no mes de abril comezará a reforma das beirarrúas e os pasos de peóns da rúa Dublín, en Fontiñas.
Continúan avanzando os proxectos dos Orzamentos participativos
Por outra banda, retomaranse tralo descanso de Nadal as obras no campo da festa de Marrozos, que consistirá na ampliación do campo da parroquia para cubrir a totalidade da parcela. Outro dos investimentos máis importantes producirase na contorna do Campus educativo de Lamas de Abade, onde se mellorarán os accesos exteriores construíndo, asemade, unha senda peonil que conecte o CEIP coa Escola de Hostalaría.
A Axencia de Protección de Datos dálle a razón ao Concello
A concelleira de Facenda, María Rozas, amosou a súa satisfacción pola resolución da Axencia Estatal de Protección de Datos ao respecto das denuncias por suplantación de identidade. Rozas asegurou que, no seu escrito, a Axencia “respalda o proceso participativo” e garante a súa “transparencia” e correcto funcionamento.
https://nostelevision.gal/compostela-aberta-acusa-pp-de-difamar-acerca-dos-orzamentos-participativos/