Home Programas Espazo Aberto Mar de Lumes: 5 anos de solidariedade internacionalista desde Galiza

Mar de Lumes: 5 anos de solidariedade internacionalista desde Galiza

0
Mar de Lumes: 5 anos de solidariedade internacionalista desde Galiza

O colectivo internacionalista Mar de Lumes cumpre neste 2018 cinco anos de actividade, e está a celebralo por todo o alto. Dende o mes de maio organizouse unha serie de palestras e accións culturais que culminan este sábado 16 cun concerto na Gentalha do Pichel.

Concerto na Gentalha

Mar de Lumes organiza este sábado un concerto para conmemorar o seu quinto aniversario no que actuarán, a partires das 22.00 horas, o Puto Coro do Exército Froilanista e a F.RA.C., a Fundación de Rapeiros Atípicos de Cádiz. As entradas terán un prezo xeral de 4 euros e de 3 para as socias e socios da Gentalha.

Unha referenza

Durante este período, o colectivo foi medrando progresivamente até se converter nun referente do activismo social galego. A organización de máis de 240 actividades e mobilizacións e a súa participación como observador nas últimas eleccións de Turquía avalían a súa traxectoria. Foron polo de agora cinco anos de intenso traballo, mais non cabe dúbida de que serán moitos máis.