Home Programas Espazo Aberto Manuel Santos: “Galicia é das comunidades que menos espazos protexidos ten na costa”

Manuel Santos: “Galicia é das comunidades que menos espazos protexidos ten na costa”

0
Manuel Santos: “Galicia é das comunidades que menos espazos protexidos ten na costa”

O coordinador de Greenpeace en Galicia, Manuel Santos, apunta ao modelo de produción da enerxía como “unha das principais vías para paliar o cambio climático” na que a poboación está, nestes momentos, implicada. “É a xente a que se move, as institución van detrás”. A maiores da loita contra o cambio climático, outra das batallas que forman parte de Greenpeace é a conservación da biodiversidade. “Galicia é das comunidades que menos espazos protexidos ten na costa”, sostén Manuel Santos que, tras unha breve pausa, engade: “e non só na costa”. Mergullámonos na situación que atravesa Galicia e o papel que temos cada unha e cada un de nós na loita contra o cambio climático nesta entrevista de apenas nove minutos.