O escritor, Manuel Rivas, matizou nas súas redes sociais unha noticia que publicou recentemente un medio de comunicación sobre un acto contra os vertidos radioactivos na Coruña á que asistiron o candidato do BNG á Alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera, e a candidata do BNG ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, xunto o propio Rivas.
Nin “arropo” un partido nin son “político”. Foi un acto en lembranza da viaxe do ‘Xurelo’, na que participei en 1981, contra os vertidos radioactivos. E na Coruña gañará a esquerda. Medre o mar!
Manuel Rivas arropa al BNG en la recta final de campaña https://t.co/5mArGJ4l5Q
— manuel rivas barrós (@Rivasbarrs) 23 de maio de 2019