Manuel Dios amosouse satisfeito coas melloras que se introduciron este ano nos comedores escolares da cidade. O Concelleiro de Educación volveu sinalar, como noutras ocasións, a idea de buscar o mellor modelo posible para o vindeiro curso escolar. Sen precisar o perzo definitivo por comensal e día, Manuel Dios especificou que estará por baixo dos 5€ e próximo aso 4,50 que hai de media nos comedores do resto do Estado.