Manuel Bragado: “Dende a chegada do PP, as achegas da Xunta ao sector literario foron mínimas”

O exdirector de Xerais pon en valor a Lei do Libro impulsada polo Goberno do bipartito en 2006 nun coloquio celebrado no Consello da Cultura Galega

A Lei do Libro e da Lectura de Galicia impulsada polo bipartito en 2006, a debate nun coloquio celebrado este xoves no Consello da Cultura Galega. O exdirector da editorial Xerais, Manuel Bragado, considera que esta iniciativa permitiu crecer ao sector literario galego. Con todo, o editor lamenta que, tralo desembarco en San Caetano de Núñez Feijóo en 2009, as achegas económicas da Xunta neste eido foron “mínimas”.

- Publicidade -

A Lei do Libro axudou a fomentar a produción literaria e a lectura en Galicia

Coa eclosión das novas tecnoloxías e o descenso pronunciado na venda de libros nos últimos anos, o futuro non semella demasiado optimista. Porén, Bragado mantén a esperanza e confía en que se reverta a situación actual e poida rexistrarse un novo incremento na edición literaria no país.

Unha dimisión por “cuestións persoais”

A pasada semana, a editorial Xerais anunciaba a través dun comunicado que Manuel Bragado abandonaría a dirección xeral da entidade, unha decisión que o escritor apón a “cuestións persoais”. Bragado despídese da editorial á que adicou preto de trinta anos da súa vida, mais asegura afrontar esta nova etapa con “ilusión” e “esperanza”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego