Home Programas Área Compostela Manifesto no Día Internacional da Cidade Educadora

Manifesto no Día Internacional da Cidade Educadora

0
Manifesto no Día Internacional da Cidade Educadora

O salón nobre do Pazo de Raxoi acolleu hoxe, 30 de novembro, o acto de celebración do Día Internacional da Cidade Educadora. A data escollida pola asemblea Xeral da Asociación Internacional de Cidades Educadoras lembra á mesma que no ano 1990 proclamou a Carta de Cidades Educadoras en Barcelona. O obxectivo é por en valor e dar a coñecer o traballo que as cidades levan a cabo co compromiso de construir ciudades educadoras.

No acto de Santiago de Compostela participaron alumnado, profesorado e directivas dos IES Fontiñas, San Clemente e Rosalía de Castro, e do Colexio Nosa Señora dos Remedios, así como as directoras da Rede de Escolas Infantís Municipais e representantes do conxunto da corporación. No mesmo o alcalde da cidade, Martiño Noriega, deu lectura ao manifesto común con outras cidades no que se fala de potenciar a educación para crearmos máis democracia participativa.

Manifesto completo

A nota musical puxérona Olaia Novo, Guillermo Alzuragay e Antonio Ocampo, profesores da Escola Municipal de Música, que interpretaron Lela, de Rosendo Mato, e Beautiful, de Hindi Zhara