Membros da corporación municipal así como de diversas Institucións e colectivos amosaron na mañá de onte, 25 de novembro, na Praza do Obradoiro a súa total repulsa contra a violencia machista. Diante do Pazo de Raxoi o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, leu un manifesto no que se denunciaba que hai moitos tipos de violencia contra a muller.
No manifesto apúntase a que o problema require dun novo vocabulario e de novas accións nas que o concello compromete o seu traballo.
Ao remate do manifesto realizouse unha acción no centro da praza na que se formou a imaxe da campaña “En negro contra a violencia” na que se empregaron 450 paraugas. Hoxe tamén está convocada en Santiago unha manifestación a partir das 20 horas, que sairá da praza 8 de Marzo e rematará na Praza de Praterías.
Manifesto completo