O estudantado galego continúa coas mobilizacións en contra da LOMCE. Hoxe tivo lugar unha folga convocada polo Sindicato de Estudantes, apoiada pola Plataforma en defensa do ensino público; entidade integrada por CONFAPA-Galicia, Ensino-CCOO, UGT, o propio Sindicato de Estudantes, IESGA e Escola Viva e polo STEG).
Folga histórica contra as reválidas franquistas! https://t.co/22LVaUVKN0
— SE Galiza (@SdE_Galiza) 26 outubro 2016
A xornada de hoxe deixou sen actividades a maior parte dos centros de ensino público do país.
O Sindicato de Estudiantes convocou manifestacións en varias cidades galegas e xuntou a varios milleiros de estudantes. Nós Televisión asistíu esta mañá á de Compostela na que, ademais, participaron varios voceiros políticos que amosaron a súa solidariedade coa situación do estudantado. Foi o caso do portavoz do grupo soacialista, Xaquín Fernández Leiceaga.
Villares asegurou que a Marea traballará para retirar esta lei.
O voceiro de @En_Marea, @VillaresLuis, tamén participou esta mañá na mobilización do @SdE_Galiza https://t.co/kKeWbnmcZK pic.twitter.com/QPV1eDciUr
— Nós Televisión (@NosTelevision) 26 outubro 2016
Tamén en Santiago participou na manifestación o voceiro de En Marea, Luís Villares que mesmo colleu un megáfono cando a manifestación estaba na praza do Obradoiro diante do rectorado da Universidade de Santiago de Compostela.
A xornada contra a Lomce terá continuidade pola tarde coas concentracións convocadas pola Plataforma galega en defensa do ensino público ás 19 h. en Pontevedra, Compostela, Vigo, A Coruña, Lugo, Ferrol e Ourense e ás 20 h. en Carballo, Cee e Vilagarcía.