Hoxe, día 25 de novembro, celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Achegámonos ao Centro de Recuperación Integral de Santiago, un espazo adscrito á Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Neste, acóllese ás mulleres maltratadas así como ás persoas dependentes delas. Alí falamos coa subdirectora xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero, Belén Liste. Ademais, conversamos tamén coa directora do CRI, Begoña Riveira.
Visitamos a Lucía, unha vítima da violencia machista
Ten 33 anos e hoxe, anos máis tarde e xa coa súa experiencia interiorizada, ábrese a nós para contar a súa historia.
Na rúa os patróns repítense
As mozas e mozos vén dende moi cedo no seu ámbito o control das amizades, das redes sociais ou da forma de vestir, que son tamén representacións da violencia nas que hai que reparar e das que hai que decatarse a tempo.
A violencia machista é o signo máis claro e evidente da desigualdade que sofren as mulleres na sociedade
Ataca dende moi temperás idades, afectando cada vez máis ás adolescentes, que en numerosas ocasións non son quen de ver que están sufrindo unha relación tóxica. Aínda así, trátase dunha lacra que non entende de idades. Por isto, ata que non eduquemos na igualdade, non nos concienciemos e normalicemos esta realidade, seguiremos estando lonxe de erradicar as agresións físicas e psicolóxicas que exercen tan acusadamente os homes contra as mulleres.