Malia o veto do PP, fala a familia do paciente falecido no PAC da Estrada: “A súa morte está relacionada cos recortes”

Bota a andar a comisión de investigación sobre a situación da sanidade impulsada polos tres grupos da oposisión

O veto do PP tanto aos partidos da oposición, que impulsaron a Comisión de Investigación sobre os recortes sanitarios, como aos usuarios e profesionais da saúde que deberían acudir a comparecer xerou discordia. Por iso, o BNG, o PSdG e En Marea acordaron levar a cabo outra Comisión coa presenza das voces vetadas, entre elas a de Manuel Pereira, curmán do paciente falecido no PAC da Estrada por falta de persoal. Para el, que as forzas políticas se unan para tratar esta situación é algo moi positivo, pero tamén quere deixar claro que a consecuencia da morte Xosé Manuel está “directamente relacionada cos recortes”. Con el quixemos conversar na mañá de hoxe.

Deste xeito, Manuel Pereira lamentou que o PP vetara a súa presenza no Parlamento ao tempo que agradeceu que os tres grupos da oposición impulsaran unha comisión alternativa. Así, esta mesma mañá leu unha dura e emotiva carta da filla do falecido na que se explicaba o acontecido o 4 de agosto no PAC e a falla de atención sanitaria por falla de persoal. “Esta claro que alguén non fixo ven o seu traballo e hai que ter valentía para recoñecer isto para actuar e evitar que volva a suceder noutro PAC de Galicia” afirmaba nesta carta a filla de José Manuel Brey. “As palabras unidas aos feitos é o mellor xeito de amosar as condolencias, pero a Consellería de Sanidade non actuou así. Non cesaremos no empeño ata que se depuren todas as responsabilidades” manifestou a filla do falecido a través da carta lida polo portavoz da familia.

- Publicidade -