Home Programas Área Compostela Malestar no PSdeG pola “lentitude” dos Orzamentos 2017 de Compostela

Malestar no PSdeG pola “lentitude” dos Orzamentos 2017 de Compostela

0
Malestar no PSdeG pola “lentitude” dos Orzamentos 2017 de Compostela

O voceiro do PSdeG-PSOE no concello de Santiago, Paco Reyes, evidenciou en rolda de prensa o seu malestar no desenvolvemento temporal dos orzamentos municipais do 2017. En concreto dos prazos que está a manexar o goberno municipal en relación á información que reciben os grupos da oposición.

O edil socialista tamén criticou a información proporcionada sobre os orzamentos do 2017 por parte do goberno municipal. Paco Reyes asegurou que a que teñen na actualidade debeuse a un feito casual e non a unha interlocución formal.

O voceiro socialista reiterou nesta rolda de prensa o seu malestar sobre as liñas fundamentais do decreto e agarda que haxa modificacións na proposta final que lles presente o goberno municipal.