Malia a presión cidadá e o apoio unánime do Parlamento galego, o Goberno central négase a traspasar as competencias de xestión da autopista AP9 á Xunta de Galicia. Deste xeito, o Ministerio de Fomento seguirá a ser o seu titular até o ano 2048. Fronte a este rexeitamento do Partido Popular dende Madrid, Núñez Feijóo pide “paciencia” e asegura que, “tarde ou temprano”, realizarase o traspaso de competencias. Porén, a cidadanía clama porque esta situación se reverta o antes posíbel.
A decisión na rúa é unámime: “Parece que o único que saben facer é subir o prezo das peaxes” pic.twitter.com/Nfof5TqIAR
— Nós Televisión (@NosTelevision) 18 de diciembre de 2017
Subirá máis do previsto
O vindeiro 1 de xaneiro aplicarase un incremento do 4% no prezo das peaxes da AP9, debido á suba do IPC e a evolución dos tráficos. O presidente da Xunta considera que, malia que se conseguise o traspaso de competencias, sería “moi complicado” eliminar as peaxes e ofrecer de balde o tránsito pola autopista. Así e todo, cada vez son máis as voces que esixen a súa gratuidade total ao considerar que xa está “máis que amortizada”.
A culpa das peaxes… de Cataluña
O Partido Popular de Galicia aínda confía en que o Goberno central aprobe esta proposta, e culpa do seu rexeitamento á situación política de Cataluña. Polo de agora, os partidos da oposición sitúan a Núñez Feijóo no punto de mira. O PSdeG esixe a Fomento que asuma o incremento das peaxes.
https://nostelevision.gal/anton-sanchez-denuncia-que-a-suba-das-peaxes-e-un-atraco-a-man-armada/