Home Programas Área Compostela Máis transparencia: O Concello publica todos os pagos realizados

Máis transparencia: O Concello publica todos os pagos realizados

0
Máis transparencia: O Concello publica todos os pagos realizados

O Pazo de Raxoi continúa a dar pasos no seu compromiso pola transparencia. A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, informou en rolda de prensa da posta en marcha dun novo portal co que se pode acceder aos pagamentos e permite realizar busca por áreas, por provedores ou por descrición, filtrando igualmente os anos nos que se quere obter información.

Avanzamos na transparencia e na publicación de datos


María Rozas sinalou o gran traballo que se desenvolveu en transparencia no campo financeiro.

Pódese consultar o aplicativo en orzamentoaberto.santiagodecompostela.gal

Ademais, a publicación de datos vai incluso máis alá que a propia ordenanza, xa que na normativa local só se obriga á publicación daqueles pagamentos que sexan superiores a 500 euros, mentres que neste portal impulsado polo concello se publican o 100% das facturas.