A adxudicación de destinos provisionais no ensino público provocou o enfado da CIG-Ensino, sindicato maioritario no sector. Desde a organización nacionalista rexeitan o
concurso da Consellería de Educación polo aumento da provisionalidade, o empeoramento das condicións laborais e o medre do profesorado provisional que impartirá materias das que non é especialista tal e como nolo explicou o membro da Executiva Nacional deste sindicato, Diego Boquete.
.@Onosolar, da @CIGEnsino, amosa o rexeitamento do sindicato ante a adxudicación de destinos provisionais no ensino https://t.co/4gZrYu3M2j pic.twitter.com/mcHVS9X4vR
— Nós Televisión (@NosTelevision) 7 de agosto de 2017
Aumenta o número de mestras e mestres que non teñen destino definitivo
Desde a CIG-Ensino reiteran que os recortes de profesorado “disparan o empeoramento das condicións de traballo” e que o novo concurso de destinos provisionais no corpo de mestres destaca pola falta de estabilidade laboral, as itinerancias e pola ausencia de cobertura dalgunhas prazas do catálogo de postos.