A concelleira Concha Fernández presentou os novos pregos de servizo de axuda no fogar. O Concello duplica as horas de atención domiciliaria pic.twitter.com/xhNTW858H4
— Nós Televisión (@NosTelevision) July 28, 2017
A concelleira de Políticas sociais, diversidade, saúde e centros cívicos, Concha Fernández, presentou hoxe no Pazo de Raxoi as características do novo prego de servizo de axuda no fogar, que foi aprobado a semana pasada pola Xunta de Goberno. Este prego destina 1.979.656 euros ao ano, o que supón duplicar a contía en relación ao último prego aprobado en Abril do 2015.
O novo servizo terá un vixencia de dous anos prorrogables e permitirá atender un total de 121.825 horas ao ano
Cláusulas sociais
O prego do servizo de axuda no fogar é un dos primeiros en incorporar as cláusulas sociais na contratación pública, permitindo que se prime, por primeira vez, a calidade. Ademáis valorarase con 20 puntos o compromiso de que as novas contratacións do persoal que resulten necesarias para a execución do contrato se realicen por persoas desempregadas ou con dificultades de inserción laboral.
https://nostelevision.gal/o-concello-aposta-polas-clausulas-sociais-nos-contratos-publicos/