Máis filosofía contra o pensamento único

Marcelino Agís, recén nomeado novo decano da Facultade de Filosofía da USC, reivindica esta materia na vida social, cultural e científica

Marcelino Agís (Raxó –Pontevedra- 1963), catedrático de Filosofía da USC, será o novo decano desa facultade logo de ser elixido cunha campaña na que reivíndicaba estar “En compromiso coa filosofía”.

Autor de máis de trinta libros sobre a materia conta cunha extensa listaxe de traballos publicados e ten participado como conferenciante en universidades e institucións investigadoras de Xapón, Italia, Estados Unidos, Alemaña, Portugal, México, Chile ou Brasil pensa que hai que recuperar o seu protagonista en moitos ámbitos da vida e mesmo chegar aos máis cativos.

O seu programa de traballo para os vindeiros catro anos sinala incrementar a presenza das materias de contido filosófico no ensino non universitario, contribuír á convivencia, calidade de vida e respecto á diferenza e a poñer en valor o compromiso coa lingua, a cultura e o pensamento galegos.

Agís ten moi claro porqué a filosofía ten que medrar e aínda que observa o futuro con optimismo é consciente de que non vai ser doado.

Pousa Estévez reelixido decano de Comunicación

Hoxe tamén coñeceuse a reelección do actual decano da Facultade de Comunicación, Xosé Ramón Pousa Estévez (Compostela, 1953), que convenceu coa súa idea de “xestión transparente e participativa”.

O profesor titular de Comunicación Audiovisual e Publicidade da USC reivindica a necesidade dunha política que permita “a renovación docente e investigadora, loitando para posibilitar a carreira docente do profesorado xa vinculado a este proxecto así como a incorporación de novos valores que garantan unha educación de calidade”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego