Dende Laxe a Ribadavia, Foz ou Cangas. Arredor de 25 concentracións por toda Galicia convocadas polo movemento feminista amosaron na tarde de onte o apoio e solidariedade coa sobrevivinte de Manresa, unha menor que denunciou unha violación en grupo ocorrida en outubro de 2016.
Desde Vigo berramos xuntas que non estás soa, que tes o feminismo, e que se é machista non é xustiza. Alento e apoio para a moza de Manresa.
Por unha vida sen violencia, en liberdade e sen machismo para todas. Xa! pic.twitter.com/226nU3Iv4S
— Galiza Contrainfo ? (@gzcontrainfo) 9 de xullo de 2019
Nas concentracións solicitouse o fin da cultura da violación e da xustiza patriarcal que coloca en dúbida o testemuño das mulleres con lemas como ‘Non foi abuso, foi violación’ ou ‘Non estás soa, tes o feminismo’.