Máis de 7.000 euros en multas por loitar contra os desafiuzamentos en Elviña

Fonte: GalizaContrainfo

Os colectivos Elviña Non Se Vende e Stop Desafiuzamentos A Coruña veñen de denunciar a imposición de 17 sancións administrativas, cunha contía económica superior aos 7.000 euros, a veciñas e activistas que participaron das mobilizacións contra o desfiuzamento de Varo e Isabel no barrio de Elviña, que tiveron lugar durante o mes de novembro de 2014.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego