Máis de 30 artistas homenaxearán a Narf en Compostela

A figura do músico Fran Pérez, Narf, segue a colleitar recoñecementos. O vindeiro 30 de agosto, a cidade de Santiago de Compostela, renderalle merecida homenaxe ao músico falecido o pasado novembro cun espectáculo que quere celebrar o seu legado, tanto musical como teatral. No evento no que participarán máis de 30 artistas de Mozambique, Portugal, Euskadi, Inglaterra e, por suposto, Galiza. Na presentación do mesmo a organización e as institucións colaboradoras lembraron a figura deste creador compostelán.

O concerto estará dirixido musicalmente por Marcos Teira cunha banda base e logo os convidados e convidadas irán interpretando temas do músico compostelán. Participarán, entre outros, Timbila Muzimba, Carlos Santiago e Pepe Sendón, Uxía, o vasco Jabier Muguruza, Guadi Galego, Espiño e Jim Sanders.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -