
As traballadoras e traballadores en defensa da Televisión de Galicia e Radio Galega organizadas en Defende a Galega impulsan unha campaña de recollida de sinaturas a través da plataforma Change.org para esixir o cumprimento da Lei de Medios Públicos. Segundo o colectivo informou este mércores, contan xa con máis de 3.800 sinaturas.
Reclamamos o cumprimento íntegro da Lei de medios públicos de Galicia. Asina e comparte!!!
? https://t.co/mAKojNhUpR
? Porque é túa, #DefendeAGalega pic.twitter.com/lAWwRy6Kgd— DefendeAGalega (@DefendeAGalega) November 20, 2019
A Lei de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia aprobada en 2011 establece que o director xeral da CRTVG será elixido por maioría cualificada do Parlamento galego e que ostentará ese posto por un período de 5 anos. Pola contra, o actual director, Alfonso Sánchez Izquierdo leva no cargo desde 2009, o que supón un dobre incumprimento da norma. Defende a Galega tamén esixe a “urxente” posta en marcha dun Consello de Informativos que ampare os e as traballadoras ante as prácticas de manipulación que se dan no presente e se poidan dar no futuro.