Home Programas Área Compostela Máis de 2000 persoas empregaron a Oficina de Atención á Regularización Catastral en catro meses

Máis de 2000 persoas empregaron a Oficina de Atención á Regularización Catastral en catro meses

0
Máis de 2000 persoas empregaron a Oficina de Atención á Regularización Catastral en catro meses

En tan só catro meses, a Oficina de Atención á Regularización Catastral foi empregada por máis de 2000 persoas. A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, realizou un balance da actuación desta oficina, posta en marcha polo Concello para ofrecer asesoramento á veciñanza tras a regularización catastral realizada polo Ministerio de Facenda.

Non temos competencias no Catastro pero pensamos que era a nosa obriga facer todo o posible para informar

A oficina estará aberta ata o vindeiro día de xullo

A oficina de atención deixará de estar operativa o próximo xoves día 20, polo que se algún veciño ten unha notificación do Catastro e quere ser asesorado ou presentar alegacións aínda pode achegarse ata a próxima semana. Esta oficina está situada en Galeras, na rúa Salvador Allende e pódese pedir cita previa tanto por teléfono no 881 599 977 como na páxina web do Concello.