O prazo para presentar alegacións no rexistro da Xunta de Galicia remata mañá, día 18 de xuño. Dende a Rede de Plataformas Medioambientais Salvemos a Comarca de Ordes agardan que a cifra de alegacións sexa aínda maior cando o prazo peche. “Nas últimas semanas a poboación está reaccionando, estase movendo”, explica Leandro del Río, representante de Salvemos a Comarca de Ordes.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Trátase dunha liña “que non ten sentido e supón problemas ambientais moi fortes”, explica Leandro del Río. Con esas vinte alegacións e cincocentas sinaturas acadadas ata o momento a rede de plataformas espera dar o primeiro paso para poñerlle fin ao proxecto da liña de alta tensión.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -