Home Programas Espazo Aberto Máis de 130 colectivos apoian a manifestación convocada pola Plataforma Touradas fóra de Pontevedra

Máis de 130 colectivos apoian a manifestación convocada pola Plataforma Touradas fóra de Pontevedra

0
Máis de 130 colectivos apoian a manifestación convocada pola Plataforma Touradas fóra de Pontevedra

O colectivo Touradas fóra de Pontevedra convoca unha mobilización antitaurina este sábado 11 de agosto coincidindo co día grande da feira taurina das festas da Peregrina. A agrupación esixe a modificación da nova Lei de Protección Animal que segue amparando as corridas de touros como espectáculo no que se maltrata ao animal e tamén solicitan que o concello de Pontevedra rache o convenio asinado coa praza de Touros. A plataforma Touradas fóra de Pontevedra tamén fai especial fincapé no baixón do número de afeccionados pola tauromaquia na cidade do Lérez. Organizacións como Podemos e Galicia, Mellor sen Touradas tamén apoian a mobilización deste sábado.