Máis de 100.000 escolares galegos están en risco de exclusión

1 de cada 4 escolares en Galicia. Así é a nova campaña de IGAXES

A pobreza familiar afecta a un de cada catro escolares en Galicia. Miles de nenas, nenos e mozos teñen problemas na escola por falta de recursos, falta de afecto, problemas familiares ou emocionais.

Que ningunha nena, neno ou mozo teña que renunciar ao seu futuro por razón de pobreza ou exclusión social

Máis de 100.000 nenas, nenos e adolescentes galegos padecen cada día as consecuencias da pobreza, a falta de afecto, os problemas familiares ou a inseguridade. Se non actuamos, tal e como indican desde Igaxes, o 70% abandonarán a escola.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

A nova crise educativa

Na escola, estes problemas adoitan pasar desapercibidos, pero poñen en grave perigo o benestar e o futuro destes nenos e nenas. Están máis desprotexidos que o resto do alumnado e as súas familias non sempre poden darlles toda a atención que precisan.

O 70% do alumnado máis desfavorecido abandona a escola prematuramente

Habitualmente escoitamos falar do fracaso escolar como un problema estritamente académico. Porén, arredor do 90% do alumnado que ten dificultades na escola padece ademais algún problema de índole social ou familiar.

En igaxes entenden como imprescindible ofrecer atención e protección individualizadas para aqueles alumnos e a alumnas que, pola súa situación sociofamiliar, non poden acceder á educación en igualdade de condicións; e tamén apoio ás súas familias para axudarlles a mellorar o clima familiar e a implicación na vida escolar dos seus fillos e fillas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -