Máis cámaras? “Non queremos converter a Santiago nun Gran Hermano”

Martiño Noriega compara a decisión de Cultura de implantar videovixiancia en Compostela con "converter a cidade nun Gran Hermano" e incide en que, alén de Salamanca, Santiago é a única Cidade Patrimonio con cámaras

A decisón da Consellería de Cultura de implantar nova videovixiancia en Compostela logo das recentes agresións ao patrimonio continúan a non ser de agrado para o Goberno Local. O Alcalde, Martiño Noriega, volveu aludir á “educación cultural” e ás “campañas de concienciación” como “medios para preservar o patrimonio” que non deberan ser “unicamente campañas coercitivas“.

Así mesmo, fixo alusión á visita a pasada fin de semana do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, onde constatou que “só Santiago ten cámaras de videovixiancia ademais de, en menor medida, Salamanca”. “Nós sempre apostamos por reforzar o dispositivo actual”, engadiu, “pero non en entrar no debate de converter a cidade nun Gran Irmán“.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -