A coordinadora de En Marea deu a coñecer os resultados da votación realizada esta fin de semana para o Consello Nacional. Sobre un censo de 1.903 persoas votaron 1.565 das que 41 fixérona en branco (2,62%) e 1.524 a algunhas das listaxes que se presentaron. A máis votada foi a de Máis Alá! (894 votos, 58,66%), seguida de Somos Quen (385, 25,26%) e terceira Queremos participar (245, 16,08%). Este Consello reunirase por primeira vez o vindeiro sábado 28 de xaneiro.
Xermán Tobío, voceiro da Xestora de @En_Marea deu conta dos resultados das primarias para o Consello https://t.co/FjQbOa86DT pic.twitter.com/2f5L6SAwcD
— Nós Televisión (@NosTelevision) 23 xaneiro 2017