O vindeiro domingo 23 de febreiro, a asociación ecoloxista Adega continúa co programa de roteiros “Tecendo Redes”, en colaboración co CS Mádia Leva. En concreto, este domingo organizará o roteiro “Mádia Leva. 12 anos na historia de Lugo”. Sairán da Praza dos Mártires de Carral para entrar no Lugo amurallado e revivir aspectos importantes da importante pegada da cidade luguesa no nacionalismo galego.
Deste xeito, sairán de Lugo por onde transitaba o trovador Esquío e no antiguo barrio do Carmen colleremos o Camiño, un deles, e tirarán cara ó Miño, a nosa Raia Húmida, a muralla de auga, onde se repousará para logo xantar e rematar o roteiro. É preciso anotarse antes do xoves 20 de febreiro.