Home Programas Área Compostela Luz verde para iniciar a tramitación dos fondos EDUSI

Luz verde para iniciar a tramitación dos fondos EDUSI

0
Luz verde para iniciar a tramitación dos fondos EDUSI

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, informou esta mañá sobre o novo paso de cara á posta en marcha das accións incluídas na EDUSI, a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado.

O acordo de hoxe permitiranos iniciar as licitacións para as que Santiago percibirá 10 millóns de euros de fondos europeos

Aprobouse o Manual de Procedementos para as operacións financiadas polos fondos FEDER, días despois de que a documentación presentada polo Concello fora validada polo Ministerio de Facenda.

O alcalde explicou que hai algunhas obras que están consideradas como prioritarias, como a que está prevista en Castrón Douro, que serán as primeiras en acometer.

As obras importantes

Ademais da actuación prevista en Castrón Douro, realizaranse outras actuacións como a reurbanización de Batalla de Clavijo, a recuperación do Campus Sur, a restauración ambiental do río Sarela ou un programa de axudas para a instalación de ascensores.