Home Programas Área Compostela Luz Fandiño protagoniza a presentación do catálogo “Igualdade ilustrada”

Luz Fandiño protagoniza a presentación do catálogo “Igualdade ilustrada”

0
Luz Fandiño protagoniza a presentación do catálogo “Igualdade ilustrada”

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá no concello de Santiago os catálogos “Igualdade Ilustrada”, que contou coa colaboración municipal, Promove, o IES de Sar e o CIPF Compostela.

Unha homenaxe ás mulleres que forman parte da nosa historia

A edil explicou a importancia de proxectos coma este para visibilizar a violencia machista e no acto estivo acompañada por Carmela Romay, coordinadora da selección de retratos e portada do IES de Sar, explicou como se escolleron os traballos que formaron parte ao final deste catálogo. Tamén asistiu esta mañá o coordinador do traballo de edición do CIPF Compostela, Anxo Jamardo, asegurou que o traballo deu moito máis de si do que se agardaba.

Entrevista completa na #CámaraBranca a Luz Fandiño

Luz Fandiño participou en representación das mulleres retratadas e pechou o acto cunhas breves e intensas verbas de ánimo á rebeldía.

As protagonistas do catálogo:
Annie Leibovitz, Camille Claudel, Dora Maar, Frida Kahlo, Georgia O‘Keeffe, Machiko Hasegawa, Margaret Marley, María Blanchard, Sofia Adlersparre, Yayoi Kusama, Ainhoa Arteta, Alma Mahler, Clara Schumann, María Callas, María Joao Pires, Montserrat Caballé, Gloria Fuertes, Rosalía de Castro, Luisa Villalta, Luz Fandiño, Josefina Castellvi, Jocelyn Bell, Hipatia, Ada Lovelace, Barbara McClintock, Jane Goodall, Marie Curie e, como persoa anónima, Laudina Vázquez García.

O Concello e a Plataforma de Galeras homenaxean ás Lavandeiras. Conversamos con Luz Fandiño