Luís Villares: “Temos un país que non se cre as mentiras do Partido Popular”

O voceiro da Marea no Parlamento Galego acusa a Feijóo de xerar un "absoluto desgoberno"

O voceiro do grupo EnMarea no Parlamento, Luis Villares, sinalou a Nós Televisión que esta nova etapa de Feijóo como Presidente da Xunta está a ser un absoluto desgoberno. Segundo Villares as últimas decisión deixan en evidencia que o PP está a discriminar ao rural e obrigando á mocidade a emigrar.

- Publicidade -

O PP extigue escolas e o futuro da xente

Temos un país que é rebelde e está vivo

Villares salientou a rebeldia da nosa sociedade que está a protestar diante das inxustizas e defende os seus postos de traballo. O voceiro apuntou algunhas das propostas do seu grupo parlamentario e o contínuo rexeitamento por parte da maioría absoluta do Partido Popular.

Feijóo evita responder no Pleno do Parlamento

Luís Villares tentou na pregunta oral ao presidente da Xunta, sen éxito, que fixese un balance das súas actuacións no momento en que máis protestas hai na rúa pola súa xestión.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego