Home Programas Espazo Aberto Luís Villares: “A confluencia significa buscar sempre puntos de encontro”

Luís Villares: “A confluencia significa buscar sempre puntos de encontro”

0
Luís Villares: “A confluencia significa buscar sempre puntos de encontro”

O recén elixido voceiro de En Marea, Luís Villares, explicou a Nós Televisión a decisión do Consello das Mareas de decidir unha soa portavocía e non optar por unha portavocía rotatoria formada por tres persoas.

Villares asegura que se buscou un punto de encontro no que “todos e todas teñen que renunciar ao que separa para buscar o que une”.

[vc_text_separator title=”A composición do Consello das Mareas”]

O Consello das Mareas elixiu este pasado domingo, ademais da portavocía de Luís Villares, á súa coordinadora que quedou formada por Alfonso Diz, Sara Torreiro, Esther Duro, Ana Seixas, Victoria Esteban, Gonzalo Rodríguez, Chelo Martínez, Elena Cores, Mario López Rico e Iria Morgade

Valoracións sobre a “saída” de Equo da Marea

Luís Villares tamén valorou a recente saída da organización Equo do espazo de En Marea. Neste sentido, o voceiro de En Marea reiterou que a decisión desta organización se tomou previamente á xuntanza deste domingo e que, en todo caso, a afiliación á Marea é individual e non colectiva.