Home Programas Espazo Aberto Luís Villares: “A busca de puntos en común é positiva para ofrecer unha alternativa ilusionante”

Luís Villares: “A busca de puntos en común é positiva para ofrecer unha alternativa ilusionante”

0
Luís Villares: “A busca de puntos en común é positiva para ofrecer unha alternativa ilusionante”

En Marea inicia o ano coa mirada fixada nas eleccións que vivirá este ano Galicia e para iso o seu voceiro, Luís Villares, marca unha liña directa na busca de alianzas: “Para nós é necesario sumar desde a diversidade”.

Nese camiño, a primeira parada focalízase no BNG a quen lle lanzan unha mensaxe de respecto ás individualidades das formacións. “Cada quen fai unha achega diferente ao conxunto da sociedade”, remarcou Villares. Nese sentido, sentenciou que “unha suma e busca de putnos en común é positivo para ofrecer unha alternativa ilusionante” ao pobo galego.