Lugo conta con tres Patrimonios da Humanidade: o camiño Primitivo, a Muralla Romana e a catedral. Agora, co casco histórico, podería ser a cidade galega con máis bens mundiais.
Se así fose, suporía un aumento do turismo e unha oportunidade para o desenvolvemento económico da cidade. Malia todo, e co precedente dos procesos de turistificación agresiva en cidades como Compostela, cómpre andar con ollo. Cal debe ser a importancia do turismo no desenvolvemento local?
Falamos coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, coa asociación provincial de hosteleiros e co movemento cidadán Lugo Sen Mordazas.