A loita veciñal contra o megaproxecto mineiro e as diferentes posicións de expertos e políticos é o fio argumental do documentario “Touro. O Pino. A ameza do cobre” que se estreou o pasado mes de marzo e que xa percorreu varias vilas e cidades galegas.
Esta semana ten previsto pasar polo Centro Social Uxío Novoneira (10 de maio ás 19:30 horas) e pola Fundación Torrente Ballester (11 de maio ás 20:30 horas). En Lugo presentará a proxección Victor Álvarez e participan Isabel García (Plataforma Mina Touro-O Pino non, Margarita Prieto Ledo (SLG e Contraminacción) e Ismael García (colectivo contra a mina Terra Chá).
O documentario de Xosé Bocixa forma parte do espazo Madia leva! e dá voz a veciños, alcaldes, científicos… para ofrecer un relato real do que está en xogo non só nesta comarca, senón tamén no país.