Home Programas Espazo Aberto O caso de violencia machista contra Luciano Méndez seguirá o seu curso pola vía penal

O caso de violencia machista contra Luciano Méndez seguirá o seu curso pola vía penal

0
O caso de violencia machista contra Luciano Méndez seguirá o seu curso pola vía penal

O caso por violencia machista contra Luciano Méndez seguirá o seu curso pola vía penal. O profesor da USC, coñecido por apoiar á Manada a través dunha serie de vídeos que difundiu nas súas redes sociais, foi detido o pasado martes por un delito de violencia machista.

O arrestado foi citado para un xuízo rápido no Xulgado de Instrucción número 3 de Santiago, o competente en violencia contra a mulleres, polo que o asunto será derivado agora a un xulgado do penal para o seu enxuizamento.

A vítima solicitou o arquivo da causa e rexeitou medidas cautelares segundo informan fontes xudiciais. A Fiscalía, en base a declaración dos axentes, acúsao dun delito de maltrato de obra no ámbito de violencia de xénero do 152 do Código Penal.