A deputada de Galicia en Común, Yolanda Díaz, tomou este luns posesión do seu cargo como nova ministra de Traballo do goberno central. Pouco despois, a voceira do Grupo Común da Esquerda, Luca Chao, tiraba dese mesmo fío para apostar polo pacto dun goberno de coalición tamén en Galicia que quite de San Caetano a Alberto Núñez Feijóo.”As opcións son un pacto entre o PP e os que onte cantaban o Cara al sol nas prazas dos Concellos ou unha coalición que faga políticas encamiñadas a defender o ben común”, sostiña.