Home Programas Espazo Aberto Lores e Caballero, os únicos alcaldes de cidades que revalidan o seu liderado

Lores e Caballero, os únicos alcaldes de cidades que revalidan o seu liderado

0
Lores e Caballero, os únicos alcaldes de cidades que revalidan o seu liderado

Miguel Anxo Fernández Lores en Pontevedra e Abel Caballero en Vigo revalidan o seu liderado nestas últimas eleccións municipais. O panorama político no resto de cidades varía case ao completo segundo os datos escrutados.

Na Coruña, a Marea Atlántica, con 6 concelleiros, perdería a alcaldía ante un PSOE que acada 8 escanos ao igual que o Partido Popular.

En Ourense, o PP perde a alcaldía ao conseguir 7 escanos. O PSOE supérao con 8 escanos. Así e todo, a gobernabilidade parece depender dos pactos entre as diferentes formacións escollidas nas urnas.

En Compostela, o PSOE con 10 edís gaña as eleccións ante unha baixada de Compostela Aberta que perde a alcaldía do concello ao non superar os 5 escanos. Ante estes resultados, o candidato socialista Sánchez Bugallo anunciou que chamará ós demais partidos para comezar a traballar por Santiago “que é o máis importante”.

En Ferrol, o Partido Popular acada 12 escanos mentres que o PSOE consigue 8 e Ferrol en Común baixa ata os 3 escanos perdendo a alcaldía. O BNG consigue 2 edís.

Mentres tanto, en Lugo, a alcaldesa Lara Méndez mantén os 8 escanos e podería revalidar o seu goberno co apoio dun BNG que ascende en escanos da man de Rubén Arroxo.