Home Programas Espazo Aberto A loita pola xustiza social centra o discurso de En Marea para o curso 2018

A loita pola xustiza social centra o discurso de En Marea para o curso 2018

0
A loita pola xustiza social centra o discurso de En Marea para o curso 2018

O grupo parlamentario de En Marea celebrou este luns un almorzo informativo no que trazou as liñas de actuación e obxectivos políticos de cara ó ano 2018. A coalición de esquerdas incide na defensa da xustiza social a través da creación dun emprego digno que combata a precariedade, así coma o mantemento e mellora da prestación dos servizos públicos, garantindo a súa “calidade” e “accesibilidade” a toda a cidadanía.

AP-9

Asemade, En Marea seguirá a insistir na súa “alternativa de país”, baseada sobre dous piares fundamentais. O primeiro eixo de actuación sería pór fin ó “saqueo” da autoestrada AP-9, para o que Villares esixe novamente o traspaso das competencias á Xunta, así como a eliminación das peaxes. Por outra banda, En Marea defende o seu plan de actuación para combater e prever as vagas de lumes, pedindo unha mudanza na política forestal impulsada polo Partido Popular.

Villares fixo tamén fincapé na “sangría demográfica” que está a acontecer en Galicia, cuxa única solución posíbel sería “garantir o acceso aos servizos esenciais” e fomentar a instauración de postos de traballo “con dereitos” en todo o país.