Loanza do PP de Santiago a Albor: “Soubo posicionar a cidade no centro da vida política de Galicia”

O PP de Santiago amosou hoxe o seu recordo e agradecemento ao que fora o primeiro presidente eleito da Xunta de Galicia

Pouco despois do falecemento do ex-presidente da Xunta, Xerardo Fernández Albor, comezaron a chegar as primeiras valoracións e mensaxes de pésame para a familia e achegados do primeiro presidente da Xunta na era autonómica.

- Publicidade -

O PP de Santiago amosa o seu agarimo a Fernández Albor

Foi unha persoa clave para a cidade

En Compostela, a edil popular María Antón foi a encargada de trasladar no Pazo de Raxoi o pésame no nome do seu grupo e lamentou a perda de Albor. O grupo do PP indica que se trata dun dos “homes máis senlleiros da política galega” e un “referente para o Partido Popular de Galicia”

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego