Home Programas Espazo Aberto Liz Castro explica na Galiza a importancia da cidadanía no proceso independentista catalán

Liz Castro explica na Galiza a importancia da cidadanía no proceso independentista catalán

0
Liz Castro explica na Galiza a importancia da cidadanía no proceso independentista catalán

A escritora e xornalista Liz Castro visita estes días Galiza convidada pola Fundación Galiza Sempre para presentar o seu libro “Molts petits granets de sorra” (Moitos pequenos graos de area) no que explica con exemplos como interveu a cidadanía catalá no proceso independentista. Comezou a súa andaina na Coruña, no Espazo Portas Ártabras, para seguir en Compostela na libraría Lila de Lilith e en Vigo na Libraría Andel.

Liz Castro está convencida de que haberá referendo e a cidadanía catalá poderá dar a súa opinión democraticamente como prometeu o presidente da Generalitat.

A xornalista, que estivo acompañada en Compostela pola vicepresidenta da Fundación Galiza Sempre Ana Miranda, falou das dificultades que ten Catalunya para explicar fóra o que está a pasar no seu país.

Liz Castro vive a cabalo entre Estados Unidos, onde naceu, e Catalunya. Ten realizado numerosas publicacións sobre desenvolvemento de sitios web e como activista realizou desde o inicio das mobilizacións independentistas un incansable traballo de traducción para dar a coñecer en inglés o que está a acontecer en Catalunya. Chegou a optar á presidencia da Assemblea Nacional Catalana e formou parte do seu Secretariado.