Lixeira remodelación no goberno municipal

Martiño Noriega dá conta das modificacións nas responsabilidades no equipo de goberno

Lixeira reforma nas responsabilidades do Goberno municipal de Santiago. O alcalde de Santiago presentou hoxe, tal e como anunciara hai uns días, a remodelación de goberno xusto cando se cumpren os dous anos de mandato. A comparecencia contou coa presenza de máis medios de comunicación do habitual malia ter avisado Noriega en máis dunha ocasión que realizaría un reaxuste de áreas cos concelleiros e concelleiras cos que conta.

Máis información:

Ademais, Martiño Noriega amosouse satisfeito co funcionamento xeral do executivo municipal e puxo en valor o esforzo dun executivo formado por “xente que chegou ao Pazo de Raxoi sen ter experiencia na administración local

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Martiño Noriega: “A reforma tería sido máis ampla de ter entrado o BNG no Goberno”

As mudanzas

  • María Rozas seguirá ocupando a primeira tenencia de alcaldía e mantén as delegacións de Economía e Facenda, Persoal e Réxime Interno, ás que suma Contratación e Arquivo.
  • Jorge Duarte mantense tamén como segundo tenente de alcalde e concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, competencias ás que suma as de Participación e Relacións Veciñais que se viñan exercendo desde alcaldía.
  • Rafael Peña será edil de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Reequilibrio Territorial
  • Marta Lois será designada terceira tenente de alcalde. Mantense tamén como voceira do grupo municipal, coas competencias en Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo.
  • Noa Morales asumirá as competencias en materia de Mercados, que conserva Mocidade, Deportes e Benestar Animal.
  • Xan Duro suma as competencias de Innovación á concellería de Medio Ambiente e Convivencia.
A “chuleta” de Martiño Noriega coas mudanzas

Outros cambios na estructura interna do goberno

Martiño Noriega tamén deu conta do nomeamento definitivo de Xoaquín Monteagudo como xefe da asesoría xurídica do goberno. Tamén anunciou o cesamento da xefa do servizo de Licenzas e Urbanismo, Berta Rosón e a súa substitución por outra funcionaria municipal.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -