A voceira do BNG, Ana Pontón, volveu protagonizar un dos acareos máis tensos que se viviron ese mércores no Parlamento galego. A nacionalista botoulle en cara ao presidente da Xunta o favorecemento continuo ao dono da entidade bancaria Abanca, Juan Carlos Escotet, que impulsa a primeira universidade privada que se crea en Galicia. Alberto Núñez Feijóo respondeu apelando a que esta universidade privada está vinculada unha “fundación sen ánimo de lucro” en referencia á Afundación da entidade bancaria.